martes, 19 de noviembre de 2013

Ata logo!

Por diferentes motivos tivemos un pouco abandonada o noso querido blog do Club Infantil. Foi ademais neste tempo que se sucederon unha serie de cambios e a persoa que vos está a escribir deixou de ser co-responsable deste espazo. Pero isto non é unha mala noticia, xa que no meu lugar está unha compañeira estupenda coa que os nenos e nenas o pasarán moi pero que moi ben, a nosa querida Asun.
Do mesmo xeito, Cris, atópase de baixa esperando á súa bebé, e no seu lugar atópase Fátima a que xa moitos nenos coñecen.

Foron uns anos estupendos compartindo momentos e vendo crecer aos centos de diferentes rapeces e rapazas que pasan por estas instalacións. 
Que conste que isto non é unha despedida pois voltarei de vez en cando para recordar estes momentos.


Bicos.
Carolina