lunes, 26 de diciembre de 2011

O Apalpador de Barrigas


Agora xa sabemos que baixa da montaña e que lles deixa aos nenos unha presa de castañas. Ademais de ler contos relacionados tamén aprendimos algunha cantiga como a seguinte:

Vaite logo meu neniño,
marcha agora "pra" camiña,
que vai vir o Apalpador,
apalparche a barriguiña.








Pero non nos esquecimos de Papá Noel e tamén lle escribimos algunha que outra carta... houhouhou!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Preparamos o Nadal!!

Pois non puidemos resistir máis tempo sen adornar o noso Club con todo o relacionado co Nadal, así que puxémonos mans a obra e entre todos fixemos esta bonita árbore. Ademais para darlle máis ambiente tamén lle colocamos uns falsos agasallos ao seu pé e tamén aproveitamos para levarnos algún que outro adorno para casa. Mirade que bonito quedou todo!







lunes, 12 de diciembre de 2011

Dereitos e deberes dos nenos

Esta semana aprendimos que os nenos temos uns dereitos fundamentales pero tamén temos deberes... Aproveitamos para reelaborar o noso árbore das normas e o reubicamos na porta de entrada para telas sempre presentes. Ademais tamén fixemos o "Libro das normas do Club Infantil". É importante que as teñamos presentes, sobre todo en semana coma estas, nas que con tantos festivos xuntámonos moitos nenos nun mesmo espacio.
A continuación mostrámosvos os resultados:































lunes, 5 de diciembre de 2011

Manualidades divertidas

Con diferentes materiais, tanto de reciclaxe, como específicos para facer manualidades, fixemos creacións como as seguintes que vos amosamos:







lunes, 28 de noviembre de 2011

Carapuchiña Vermella

Todos coñecemos o conto de Carapuchiña, e esta semana tamén o contamos pero tamén coñecimos outros diferentes ademais de inventarnos un propio cun final distinto. E por suposto tamén fixemos outras actividades:





lunes, 21 de noviembre de 2011

Descubrindo Exipto

Durante dúas semanas, mergullámonos no interesante mundo do Antigo Exipto. Queredes ver algunhas das nosas actividades?











lunes, 7 de noviembre de 2011

Uhhhhhhhhhh!!!

Cun pouco de retraso amosámovos as terroríficas caliveiras-cabaza que nos acompañan no Club dende o Samaín.


Diversión con Phineas y Ferb!!

A través dos coñecidos personaxes da tele esta semana realizamos distintas actividades relacionadas con eles: vimos algún que outro capítulo da serie, descubrimos características interesantes dos ornitorrincos, coloreamos as nosas personaxes preferidas...





lunes, 31 de octubre de 2011

Chega o Samaín!! Wellcome Halloween!!

Que divertido é disfrazarse e prepararse para festas tan divertidas como o Samaín ou Halloween, como lle chaman nos países de fala inglesa. Durate estes días fixemos algunhas actividades relacionadas con este tema así como tivemos presentes contos con monstros como protagonistas...