jueves, 31 de marzo de 2011

Yellow Submarine, yellow submarine...

Onte visionamos unha divertida versión do "Yellow Submarine" feita con bonecos e pezas de LEGO.


Para non ser menos nos tamén fixemos a nosa versión do "Yellow Submarine" coas pezas do material que temos no Club Infantil.


miércoles, 30 de marzo de 2011

The Beatles. E ti que tocas?

Comezamos a semana con novos folgos e achegándonos á cultura musical dos 60 a través do grupo musical The Beatles. A través deles e das súas cancións traballaremos diferentes actividades.
O primeiro contacto foi coñecer quen integraba a banda e que instrumentos tocaban. Foi por isto que coloreamos diferentes instrumentos musicais que logo recortamos e completamos coa persoa que os estaba a tocar.




lunes, 28 de marzo de 2011

O libro do coidado das plantas. Flores con boliñas de papel de seda.

Durante a fin de semana con Cris rematamos o noso libro. Fixemos unha páxina final cos pasos a seguir cando plantamos.












E ademais con boliñas de papel de seda fixemos estos fermosos debuxos:

O libro do coidado das plantas. Flores de papel.

E para ir rematando o noso libro non nos podiamos esquecer de algo fundamental: a importancia da auga. Así que tamén lle dedicamos unha páxina.
Esa mesma tarde tamén fixemos unhas bonitas flores en relevo con papel de seda. A imaxinación dos nenos fixo o resto.

viernes, 25 de marzo de 2011

O libro do coidado das plantas. Arco da vella.


A luz do sol é fundamental para o crecemento das plantas. Por iso deixamos constacia disto nunha das páxinas do libro.



Cando chove e fai sol... anda o demo por Ferrol!! E ademais hai bastantes posibilidades de que podamos desfrutar da visión do Arco da vella. Entre todos recordamos as cores que o conforman e logo representámolo en papel. Mirade que debuxos tan chulos quedaron!

O libro do coidado das plantas. O carballo con botas.

Onte fixemos unha páxina máis do noso libro. Esta páxina dedicámola á terra é a súa importancia para a alimentación das plantas.
Pero ademais tamén tivemos unha sesión de lectura: "O carballo con botas", un bonito conto sobre o respecto pola natureza. Os nenos do Club representaron en planstilina a bota do Carballo con botas.

miércoles, 23 de marzo de 2011

E seguimos engadindo follas ao noso libro!! É moi importante que as plantas estean nun recipiente axeitado así que deixamos constancia disto tamén.
Ademais tamén fixemos unhas bonitas flores con folios de cores.

O noso libro sobre o coidado das plantas.

Comezamos a semana cunha nova proposta: facer o noso propio libro sobre o coidado das plantas. unha vez rematado engadirémolo ao noso recanto da lectura para desfrutar con el sempre que queiramos.
Esta é a portada que preparamos na tarde do luns.

Bolboretas divertidas.

Con Cris, na fin de semana, fixemos unhas boblboretas moi bonitas. Decorámolas ao gusto e logo adornámolas con papel de seda. É moi divertido correr con elas e facer coma se voasen!!

lunes, 21 de marzo de 2011

A nosa planta

Este venres pasado trasplantamos as lentellas que puxeramos a xerminar en algodón fai unhas semanas. Puxemos terra na maceta, quitamoslle o algodón as raíces para poder poñelas na terra e regamos. Unhas nenas-xardiñeiras axudaron en todos os pasos. Este foi o resultado final:

jueves, 17 de marzo de 2011

Margarida xigante

E continuamos a semana facendo adornos primaverais. Mirade que chulas quedaron estas margaridas xigantes!


Chega a primavera!!

Con forzas renovadas tras un intenso Entroido, imos pouquiño a pouco preparándonos para o cambio de estación porque nun días chega a primavera!! Por iso estivemos a preparar un bonito mural para ter no Club.

sábado, 5 de marzo de 2011

Entroidos do mundo

Ao longo de toda a semana estivemos a coñecer diferentes Entroidos próximos e lonxanos a nós. Así vimos como vestían os peliqueiros de Laza, fixemos o Bonhomme que lle dá a benvida ao Carnaval de Quebéc, bailamos samba como se estivesemos no sánbódromo de Río de Janeiro, fixemos unhas maracas para montar a nosa propia chirogota como en Cádiz, fixémos unha bonita máscara parecidas ás do Carnaval de Venecia...

viernes, 4 de marzo de 2011

Somos panadeiros!!

Para rematar coas actividades introducidas a través do conto de Paco Papán, a tarde do sábado convertémonos en auténticos panadeiros, así que amasamos e amasamos... ata que conseguimos facer divertidas barras de pan con plastilina!