martes, 27 de noviembre de 2012

Recicla, recupera, reutiliza...

Os nenos e nenas do Club Infantil teñen moi clariño como poden axudar a reciclar na casa. Demostráronno na realización do estupendo mural que a continuación vos amosamos:






Ademais aproveitamos para falar da reutilización e foi por iso que empregams diferentes materiais comúns en todas as casas para convertilos en novas cousas:






jueves, 15 de noviembre de 2012

Toma castaña!

Magostos por aquí e por alá, 
castañas e máis castañas... 

Non quedaba outro remedio que facer cousiñas coas nosas queridas castañas!







miércoles, 7 de noviembre de 2012

Samaín-Halloween

Xa chegou o Samaín, xa pasou o Halloween!!
E no Club Infantil celebrámolo con cabazas, fantasmas, meigas e demais personaxes terroríficas... hahahaha!!










viernes, 2 de noviembre de 2012

O segredo de Flora


Un, dous, tres... o enfado polas mans!
Un, dous, tres... o enfado polo pés!
Un, dous, tres... o enfado xa se vai!
Un, dous, tres... o enfado xa botei!!

Flora amosounos o seu máis preciado segredo, un segredo moi útil para non enfadarnos con compañeiros, para non berrar, para non pegar... Que gran descubrimento este bonito conto!!