lunes, 30 de enero de 2012

Nosos amigos os cans

A unha gran maioria dos nenos gústanlles os cans e tamén soen ter contactos con eles; se non son os seus propios sempre hai algún familiar ou amigo que si que ten. 
Fixemos un mural e aprendimos algunhas cousiñas sobre diferentes razas de cans. 
E aproveitando esta temática tamén fixemos algunha que outra manualidade relacionada co mundo dos canciños.























domingo, 22 de enero de 2012

Imitamos a arte!

Nós tamén podemos ser artistas!! Pois si, e así o demostramos realizando diferentes obras de arte ao noso estilo. Mira que ben quedaron!

Arte aborigen 

   

Colaxes ao estilo de Matisse




"Amistad" de Paul Haring




"Senecio" de Paul Klee



Art Pop









lunes, 16 de enero de 2012

Xa está aquí o inverno!

O inverno xa nos está a acompañar dende fai unhas cantas semanas, pero aínda non tiveramos tempo de dedicarlle un mural e algunhas actividades especiais a esta estación. Aproveitamos para facelo esta semana que ademais foi típica de inverno cun frío que fixo que todos estivésemos ben abrigadiños. Os bonecos de neve foron os auténticos protagosnistas do Club.






martes, 10 de enero de 2012

Pensas perdelo????

Estamos moi contentas de poder comunicar que o próximo sábado 14 de xaneiro as 18:00 terá lugar a grande estrea de "El tesoro más precioso del mundo". Dende o Club Infantil animámosvos a que vaiades porque de seguro que o pasaredes moi ben. 
Todos os actores son nenos do Club. Contamos verte alí!!


lunes, 9 de enero de 2012

Xa veñen os Reis...

Esta foi unha semana de nervios e emocións pois a visita das Súas Maxestades de Oriente non é algo que pase todos os días. Aproveitamos para facer actividades relacionadas con eles, así escribimos cartas, contamos contos, fixemos algún que outro rei e tamén elaboramos unha réplica do tren de Martiño, protagonista do conto estrela destes días no Club.




















lunes, 2 de enero de 2012

A última semana do ano dedicamos a facer diferentes manualidades relacionadas co Nadal. A ver se vos gustan as nosas creacións: