lunes, 26 de diciembre de 2011

O Apalpador de Barrigas


Agora xa sabemos que baixa da montaña e que lles deixa aos nenos unha presa de castañas. Ademais de ler contos relacionados tamén aprendimos algunha cantiga como a seguinte:

Vaite logo meu neniño,
marcha agora "pra" camiña,
que vai vir o Apalpador,
apalparche a barriguiña.








Pero non nos esquecimos de Papá Noel e tamén lle escribimos algunha que outra carta... houhouhou!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Preparamos o Nadal!!

Pois non puidemos resistir máis tempo sen adornar o noso Club con todo o relacionado co Nadal, así que puxémonos mans a obra e entre todos fixemos esta bonita árbore. Ademais para darlle máis ambiente tamén lle colocamos uns falsos agasallos ao seu pé e tamén aproveitamos para levarnos algún que outro adorno para casa. Mirade que bonito quedou todo!







lunes, 12 de diciembre de 2011

Dereitos e deberes dos nenos

Esta semana aprendimos que os nenos temos uns dereitos fundamentales pero tamén temos deberes... Aproveitamos para reelaborar o noso árbore das normas e o reubicamos na porta de entrada para telas sempre presentes. Ademais tamén fixemos o "Libro das normas do Club Infantil". É importante que as teñamos presentes, sobre todo en semana coma estas, nas que con tantos festivos xuntámonos moitos nenos nun mesmo espacio.
A continuación mostrámosvos os resultados:































lunes, 5 de diciembre de 2011

Manualidades divertidas

Con diferentes materiais, tanto de reciclaxe, como específicos para facer manualidades, fixemos creacións como as seguintes que vos amosamos: