miércoles, 27 de abril de 2011

De viaxe con Madlenka: Francia, India, Alemania...

Durante estes días non paramos nin un minuto! Madlenka achegounos a países e culturas moi diferentes: fixemos riquísimas tartas francesas, contruímos a nosa propia torre Eiffel, fixemos mandalas e móbiles con elementos que traen sorte na India, coñecimos a historia dos músicos de Bremen... Aquí deixámosvos algunhas fotos das actividades:







miércoles, 20 de abril de 2011

De viaxe con Madlenka!!

Comezamos unha nova semana e unha nova aventura!! Madlenka é unha nena a través da cal coñeceremos diferentes culturas e partes do mundo. Aos nenos encantóulles que viñera ela mesma a ensinarnos a súa historia!!



Animais acuáticos

A fin de semana con Cris diferenciamos aqueles animais salvaxes pero que teñen unha particularidade....viven debaixo do mar!!!!




Tocamos as cunchas de diferentes crustáceos e ademais visitáronnos un polbo e un peixe do máis divertidos!!!


domingo, 17 de abril de 2011

Caretas de animais.

Continuando co mundo dos animais salvaxes, na tarde do venres fixemos unhas caretas e logo imitamos aos animais que representaban. Correr polo Club como animais non ten prezo!!!!



viernes, 15 de abril de 2011

Mural animais salvaxes

Os nenos do Club Infantil coñecen un montón de animais!!!! Fixemos un mural que recollía algúns dos animais salvaxes vistos durante estos días.


miércoles, 13 de abril de 2011

O libro da selva.

Comezamos unha nova semana intentando coñecer un pouco máis de cerca o mundo dos animais salvaxes. Estamos a utilizar o libro "Animales del mundo" para recoñecer aqueles animais dos que xa sabeamos a súa existencia así como para coñecer outros novos.


 O luns ademais desfrutamos coa lectura do coñecido conto "O libro da selva".

lunes, 11 de abril de 2011

O parruliño feo

O parruliño feo atopouse con moitos problemas mentres foi pequeno... ata que un día convertiuse nun fermoso cisne! Era diferente porque non era un parruliño coma os seus irmáns e a súa nai, pero eles queríano moito igual...
A pesar da moita calor que fixo estes días desfrutamos dunha sesión de video no Club Infantil. Vimos apelicula de animación "El patito feo".

Bonequiños

Pasou que o Emperador quedou sen traxe pero nós fixemos uns divertidos bonequiños aos que si lles puxemos unhas bonitas túnicas.

O traxe novo do emperador

"O traxe novo do emperador" é un coñecido conto de Andersen. Todos quedamos abraiados ao descubrir que o Rei exibíase pola cidade en calzóns!!
Logo de desfrutar co conto, nós tamén botamos a voar a nosa imaxinación e vimos as múltiples posibilidades de vestimenta que nos ofrecía unha sinxela manta.

martes, 5 de abril de 2011

Coñecendo a Hans C. Andersen

Comezamos unha nova semana a cal estará dedicada  a Hans C. Andersen xa que o pasado 2 de Abril comemorouse o Día do Libro Infantil e Xuvenil na súa honra, pois foi a data do seu nacemento.
No noso teatrillo e a través do pallaso Romi, coñecemos a historia de Andersen. 


lunes, 4 de abril de 2011

Pop-art.

O venres coñecemos un estilo artístico denominado Pop-art. Imatimos o estilo de cores rechamantes poñendo cores a unha lámina dos Beatles. Así foi como quedou:


viernes, 1 de abril de 2011

Por que flotan os submarinos?

Xa que coñecemos a canción "Yellow Submarine" aproveitamos para preguntarnos como os submarinos flotan e volven a superficie tan fácilmente. Por iso fixemos un pequeno experimento caseiro que aclaraba estas dúbidas.




O submarino sumerxese porque ten uns depósitos como a botella do experimento, é dicir, énchense de agua aumentando así a densidad do submarino e por lo tanto tende a sumerxirse. Cando estos depósitos énchense de aire (como cando soplamos a través da cana) diminúe a densidade do submarino e este tende a flotar.