miércoles, 23 de febrero de 2011

Somos granxeiros!

Seguindo o conto de Paco Papán recoñecimos algúns animais de granxa e aproveitamos para facer un bonito mural con todos eles.

Somos labregos!

Durante a fin de semana con Cris fomos uns auténticos labregos! E para demostralo fixemos unha actividade coñecida por todos, plantar en algodón unhas poucas lentellas. A ver se coidándoas ben conseguimos que xerminen!

domingo, 20 de febrero de 2011

Rematando a semana divertímonos moito bailando e dramatizando a canción "Los días de la semana" de Miliki.
E tamén fixemos unha marioneta moi persoal coa personaxe de Paco Papán.

viernes, 18 de febrero de 2011

Profesións

Para conocer diferentes profesións e algúns instrumentos de traballo asociados a elas, fixemos este xogo de fichas asociativo. Agora poderemos xogar con el sempre que queiramos.

jueves, 17 de febrero de 2011

Durante esta semana e a que vén traballaremos os oficios. Como fío condutor do tema escollimos o conto de Paco Papán. Durante estes primeiros días da semana limos o conto e visionamos o bonito videoclip que aparece no DVD "Contos en Cantos". Divertímonos moito dramtizando todos os oficios polos que ía pasando Paco Papán!

martes, 15 de febrero de 2011

Reloxo das estacións

Na chuviosa tarde de domingo Cris decidiu facer un bonito reloxo das estacións que serviranos para ter ao lado do noso panel do calendario e do tempo. Así sempre teremos claro enque estación estamos.

Un boneco de neve

Que ben o pasamos a tarde do sábado con Cris facendo bonecos de neve con plasti!!! Mirade que chulos quedaron:

lunes, 14 de febrero de 2011

Unha gran nube de chuvia!

Encántanos usar a pintura de dedos, así que de novo aproveitamos para facer pingas de chuvia. Desta vez saían dunhas fermosas nubes feitas con papel de seda.

viernes, 11 de febrero de 2011

jueves, 10 de febrero de 2011

Tento e a tormenta.

Gustóunos moito o conto "Tento y la tormenta"!!!! E logo de escoitalo atentamente debuxamos como se divertía Tento baixo a chuvia.

miércoles, 9 de febrero de 2011

Chove, chove...

Onte fixemos este pequeno mural para ter presente en que estación estamos... siiiii! En inverno! Por iso ás veces chove, vai frío...
Desde os máis pequenos de 2 e 3 anos ata os máis grandes participaron na súa elaboración.

Benvidos ao Club Infantil!

Durante a fin de semana fixemos con Cris un mural de benvida ao club. A que nos está a quedar bonito?

Árbore do bo comportamento

A semana pasada estivemos a coñecer un pouco máis a fondo cada unha das zonas do noso club. Ademais chegamos a acordar aquelas normas que debemos cumprir todos para pasalo o mellor posible. Foi por isto que fixemos unha Árbore do bo comportamento que estará sempre presente para recordarnos como temos que comportarnos cando esteamos no club.

jueves, 3 de febrero de 2011

¡Xa estamos aquí!

Despois de moitas idas e venidas por fin o Club Infantil abriu as súas portas o pasado venres 21 de xaneiro. Recordarvos que poden asistir os nenos de entre 2 e 6 anos e que toda a información sobre o seu funcionamento, normas, horarios, etc, xunto coa folla de inscripción podedes recollela en recepción.
En breve comezaremos a colgar as actividades que imos realizando.

Recordamos o noso horario:

De Luns a Venres:
De  17.30 a 20.00h
Sábados e Domingos:
            Mañás: de 11.00 a 14.00 h
            Tardes: de 17.00 a 20.00 h