Agora xa sabemos que baixa da montaña e que lles deixa aos nenos unha presa de castañas. Ademais de ler contos relacionados tamén aprendimos algunha cantiga como a seguinte:
Vaite logo meu neniño,
marcha agora "pra" camiña,
que vai vir o Apalpador,
apalparche a barriguiña.
Pero non nos esquecimos de Papá Noel e tamén lle escribimos algunha que outra carta... houhouhou!