martes, 19 de noviembre de 2013

Ata logo!

Por diferentes motivos tivemos un pouco abandonada o noso querido blog do Club Infantil. Foi ademais neste tempo que se sucederon unha serie de cambios e a persoa que vos está a escribir deixou de ser co-responsable deste espazo. Pero isto non é unha mala noticia, xa que no meu lugar está unha compañeira estupenda coa que os nenos e nenas o pasarán moi pero que moi ben, a nosa querida Asun.
Do mesmo xeito, Cris, atópase de baixa esperando á súa bebé, e no seu lugar atópase Fátima a que xa moitos nenos coñecen.

Foron uns anos estupendos compartindo momentos e vendo crecer aos centos de diferentes rapeces e rapazas que pasan por estas instalacións. 
Que conste que isto non é unha despedida pois voltarei de vez en cando para recordar estes momentos.


Bicos.
Carolina

lunes, 4 de marzo de 2013

Febreiro

Aquí vai un resumo do feito durante o mes de febreiro: un pouco de Entroido, algo de Branca de Neve es os sete ananiños, e algunhas manualidades variadas.


















domingo, 10 de febrero de 2013

Xaneiro

Despois dunha pouca inactividade voltamos cunha entrada "popurrí" na que vos amosamos o feito durante o mes de Xaneiro. Un pouco do inverno, animais do Polo Norte, do Gato con Botas e temática da paz para rematar o mes:


















miércoles, 9 de enero de 2013

Nadal, Papá Nöel, Reis...

Foron unhas semanas moi movidas, así que vos ensinamos un pequeno resumo do feito durante estes días: tarxetas, manualidades varias, decoración do Club Infantil, cartas, visionado de videos como Conto de Navidad...















domingo, 16 de diciembre de 2012

Pequenos Picassos!

No Club Infantil quixemos imitar a un gran pintor, Pablo Picasso, e que mellor forma de facelo que a través da súa obra o "Guernica". Démoslle unha volta e pintámolo con cores vivas omo alegatto a que nunca máis sucedan guerras e traxedias coma a pintada por Picasso.

Este foi o proceso de elaboración e o resultado final: