domingo, 16 de diciembre de 2012

Pequenos Picassos!

No Club Infantil quixemos imitar a un gran pintor, Pablo Picasso, e que mellor forma de facelo que a través da súa obra o "Guernica". Démoslle unha volta e pintámolo con cores vivas omo alegatto a que nunca máis sucedan guerras e traxedias coma a pintada por Picasso.

Este foi o proceso de elaboración e o resultado final:







 



viernes, 7 de diciembre de 2012

Eu teño unha banda...

Os instrumentos son xeñais, e máis se podemos experimentar con eles. Directos da ludoteca viñeron en préstamo ao Club Infantil diferentes instrumentos de percusión: claves, castañuelas, pandeireta...



Pero ademais de pasalo pipa experimentando con eles, tamén fixemos algunha que outra creación para que quedara no Club: unha guitarra e un tambor! Quedaron xenial e agora témolos á nosa disposición para desfrutalos.





lunes, 3 de diciembre de 2012

A casa da mosca Chosca

Quen vive nese lugar? A quen veño visitar?
A mosca Chosca!!!

A casa da mosca Chosca é unha simpática e divertida adaptación dun conto ruso da man da editorial Kalandraka. Encantóulle aos nosos pequenos! 

Deixámovos algunhas fotos de actividades relacionadas co conto.